29 Julio 2019, Escenario Principal

Aparato
Live Set + Vocals

Aparato esperta nun mundo estraño que non é quen de entender.

O amor, a felicidade, a dor, a sorpresa, o desexo, o medo… Sentimentos, sensacións para as que Aparato non está programado.

Pero a música xorde de xeito espontáneo e visceral, e convértese no seu mecanismo para expresarse, para comunicarse.

Aparato é: electrónica / synth-pop / melodic-bass / house / trip-hop.

O dúo formado por Meri Caramés (Voz e Theremin) e Chus Silva (Producción Musical) entrega unha hora de música non-stop, cun repertorio integramente de composición propia agás unha versión a modo de tributo do «Don’t give up» de Peter Gabriel.